O Concello de Cangas parabeniza a Heba Bermudez

Publicado por o día 08/06/2018 na sección de Cangas,Galicia

O Concello de Cangas parabeniza a Heba Bermudez

A Concellaría de Deportes do concello de Cangas e tódolos seus membros, en nome e representación do Concello de Cangas, desexan expresarlle os seus máis sinceros parabéns a deportista canguesa HEBA BERMÚDEZ (Playas de San Javier), pola consecución da MEDALLA DE BRONCE no Campionato de Europa de Fútbol Praia que tivo lugar nestes días na cidade de Nazaré (Portugal). Dende aquí, ademais desta felicitación puntual á deportista e o seu club, gustaríanos transmitirlles os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías coma a que motiva a presente felicitación.

Una respuesta para "O Concello de Cangas parabeniza a Heba Bermudez"