O Concello de Gondomar acomete melloras de camiños na Parroquia de Borreiros por 200.000 euros financiados co POS 2017

Por o 15/01/2019 | Sección: Galicia
O Concello de Gondomar acomete melloras de camiños na Parroquia de Borreiros por 200.000 euros financiados co POS 2017
O Goberno de Gondomar, dentro dunha serie de medidas encamiñadas a mellorar os accesos nos barrios e parroquias do termino municipal, acomete obras de mellora no Camiño da Igrexa e en San Martiño, ambos os situados na parroquia de Borreiros. As actuacións consisten no asfaltado do viario, roza e limpeza das cunetas e noiros, canalización das augas pluviais e colocación de arquetas de recollida. En zonas onde exista posibilidade, executaranse sobreanchos do camiño, tamén se contempla a colocación de barreiras de seguridade, melloras na sinalización vertical de limitación de velocidade, de precaución e aviso de paso de peóns. A superficie das devanditas actuacións é de 4.673 metros cadrados.
 
Outras actuacións necesarias e moi demandadas polos veciños, para mellorar a seguridade viaria nesta parroquia e que se executarán proximamente con cargo aos Fondos do POS 2017 da Deputación de Pontevedra , son a reparación do pavimento, mellora da recollida de pluviais, e sinalización vertical nos camiños de Aldea Castro e de Esparela, que abarca unha superficie aproximada de preto de 3000 metros cadrados, e a colocación de reductores de velocidade na contorna da escola de Borreiros.
 
A maiores, está contemplado a colocación de reductores de velocidade na Urbanización Valmiñor, na contorna do colexio e da igrexa na parroquia de Doas, e na Urbanización San Benito nas proximidades da escola infantil “A Galiña Azul”.
 
Así o actual Goberno de Gondomar, segue demostrando día a día o seu traballo, esforzo e empeño, por mellorar a calidade de vida nas parroquias, as grandes esquecidas e prexudicadas durante moitos anos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.