Deste xeito, a Policía Local no ámbito das súas competencias reordenará circulación nas rúas: Pereiras, Emigrante, Ánimas, Levada do Beco e Av. do Conde; todas elas pasarán a ser de sentido único de circulación cunha mellora na seguridade viaria e fluidez circulatoria facilitando o tránsito de autobuses e transporte pesado cara ás parroquias de Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso e viceversa, e un aumento na súa capacidade de prazas de estacionamento.
O estudo realizado pola Xefatura da Policía Local determina que as 48 prazas de estacionamento para turismos existentes nas devanditas rúas pasarán ser 99; o que suporá un incremento do 106% de estacionamento nunha zona urbana necesitada de aparcamento público.
A rúa Pereiras será de sentido único ascendente e a rúa Emigrante e Av. do Conde terán sentido único descendente; mentres que as rúas perpendiculares: rúa das Ánimas conectará a R/ Pereiras coa R/ Emigrante e a rúa Levada do Beco unirá a R/Emigrante coa R/ Pereiras.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.