O Concello de Lalín habilita unha nova sala de ximnasio con zona de crossfit no multiusos Lalín Arena

Por o 08/05/2019 | Sección: Galicia,Lalín
O Concello de Lalín habilita unha nova sala de ximnasio con zona de crossfit no multiusos Lalín Arena
Compartir en:

O Lalín Arena vén de estrear unha nova sala de ximnasio con zona para crossfit. Trátase dun novo proxecto impulsado polo Concello no centro deportivo que permitirá darlle uso á única sala da instalación que carecía del e que ao mesmo tempo permite ofrecer unha maior variedade de servizos para os usuarios do complexo deportivo, ante a plena ocupación do resto dos espazos, e así dar resposta á cada vez máis elevada demanda deste tipo de instalacións.  Esta iniciativa tivo un custe de 40.696,88 euros que se financiaron con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A sala dotouse dunha nova pavimentación apropiada para uso deportivo, xa que estaba en superficie de formigón. Tamén se procedeu a executar unha rampla de acceso para salvar os desniveis existentes entre a zona de entrada e a propia zona de ximnasio.  O espazo xa se dotou dunha zona de crossfit, con cordas, aneis escaleiras etc, e proximamente vai incorporar novos equipamentos de ximnasio. A sala tamén conta con novas instalacións de iluminación mediante luminarias de alumeado tipo LED.

Comentar noticia

Your email address will not be published.