O Concello de Marín realiza labores de limpeza nos aparcadoiros disuasorios

Publicado por o día 18/08/2020 na sección de Galicia,Marín

O Concello de Marín realiza labores de limpeza nos aparcadoiros disuasorios

O Concello de Marín realizou recentemente as labores de desbroce e acondicionamento nos diferentes aparcadoiros disuasorios da vila para a súa posta punto e mantemento de cara ao estacionamento de vehículos nestes lugares.

En total Marín conta con 10 lugares de estacionamento, repartidos por todo o casco urbano, para dotar de prazas de aparcamento suficientes á vila, sumando entre todos estes aparcamentos disuasorios máis de 600 prazas de aparcamento.

Estes aparcamentos disuasorios, con capacidades de aparcamento diferentes, localízanse nos seguintes lugares: Na zona portuaria, ao lado da Escola Naval (o de máis capacidade con 343 prazas), en Puente Zapal con 50 prazas, na zona do centro de saúde, onde a Barriada Virgen del Carmen, que dispón de 45 lugares de aparcamento, na zona do pavillón de A Raña dispóñense de máis de 100 prazas (utilizadas na súa maior parte para usos deportivos), na rúa Inferniño cóntanse con 60 prazas, en Concepción Arenal, á altura da gasolineira, con máis de 100 prazas, na parroquia de Seixo, na rúa Dr Otero Ulloa, cóntanse con 25 prazas. Ademais habilitáronse prazas de aparcamento en outros lugares coma República Arxentina ou en Cantodarea, preto da igrexa.

Debido ás demandas da veciñanza, O Concello de Marín, estudará as posibilidades de habilitar novas prazas de aparcamento nas zonas de Jaime Janer e nas inmediacións do Centro de Saúde.

O estacionamento no termo municipal é un dos eixos nos que leva traballando o Goberno local desde hai tempo. A necesidade de crear estes novos lugares de aparcamento vén motivada polo escaso movemento dos vehículos que estacionan no casco urbano, polo que non sempre é sinxelo atopar un sitio para aparcar. Dentro destas necesidades o Concello de Marín creou nos últimos anos diversos aparcadoiros coma o de Concepción Arenal ou o de Puente Zapal entre outros co fin de aumentar estas prazas de estacionamento no casco urbano.

Comentar noticia

Your email address will not be published.