O Concello de Mos aproba a proposta de adxudicación da instalación de pistas de pádel e skate no Santiaguiño

A actuación levarase a cabo na parcela municipal na que actualmente existe unha pista de futbito
Por o 14/05/2019 | Sección: Galicia,Mos
O Concello de Mos aproba a proposta de adxudicación da instalación de pistas de pádel e skate no Santiaguiño

O Concello de Mos ven de aprobar a proposta de adxudicación da empresa que acometerá a obra de de recuperación de área recreativa-deportiva en Santiaguiño con subministro de pistas de pádel e skate. Obra que será subvencionada (financiándoa íntegramente), -a través dun convenio de colaboración xa asinado coa administración local mosense-, pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza cun importe total de 36.300 euros.

Co subministro e instalación das pistas de pádel e skate en Santiaguiño preténdese revitalizar esta zona, recuperar unha área recreativa deportiva e poñela en valor. Deste xeito dinamizarase a zona de Santiaguiño, área de espazos ao aire libre, verdes e deportivos, que nos últimos anos está sendo obxecto de rexeneración e creación de elementos dinamizadores para a xuventude, tanto ambientais como deportivos. Coa revitalización desta zona aténdese ademais á demanda veciñal.

A parcela municipal na que se actuará con este proxecto está nun ámbito urbanizado de solo urbano nun entorno natural e de zonas verdes. A actuación encaixa ambientalmente e pon en valor a parcela municipal.

Unha vez adxudicada a obra, esta iniciarase en poucas semanas, tendo un prazo de execución de 15 días naturais.

A pista de pádel a instalar terá unhas dimensións de 20 x 10 metros e a rampa para skateboard será de 140 de radio e medidas de 9 x 2,50 x 1,40 metros.

A actuación realizarase nunha parcela municipal na que actualmente existe unha pista deportiva de futbito que, con esta actuación, verá diversificado o seu uso deportivo recuperando a zona e sumándose ao xa existente circuíto deportivo de elementos de ximnasia ao aire libre, situado na zona verde que se atopa a escasos metros de distancia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.