O Concello de Mos asina un convenio coa deputación no que acadará un aforro enerxetico dun 61%

Publicado por o día 25/06/2019 na sección de Galicia,Mos

O Concello de Mos asina un convenio coa deputación no que acadará un aforro enerxetico dun 61%

Onte , levouse a cabo a sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos para levar a cabo  as actuacións recollidas no proxecto do IDAE denominado “Iluminación Exterior sostible III” (FEDER –EELL-2019-000-498), que conta co financiamento do 80 %  do FEDER. O noso Concello estivo representado polo Alcalde accidenteal Camilo Augusto Martinez e o Concelleiro Gonzalo Alonso Táboas, responsable das áreas de alumeado e eficiencia enerxética  e recollida de residuos.

 Neste proxecto, cun orzamento total de 44.378,72 €, están incluídas as actuacións de substitución de 101 puntos de luz existentes e das actuáis luminarias por lumninarias LED máis eficientes nas seguintes zonas : Avd de Sanguiñeda, Avda. de Puxeiros (zona norte bilaterais), Avda. de Puxeiros (zona norte Tresbolillo), Rúa Ludeiro, Rúa Brea ( aparcamento zona sur) e rúa Brea.

Que as actuaciones que se van a levar a cabo son:

–          Substitución das lámparas actuáis por outras máis eficientes de tecnoloxía LED

–          Substitución de luminarias por outras con maior rendemento e lámparas de menor potencia de tecnoloxía LED

–          Substitución de balastros electromagnéticos por electrónicos

–          Instalación de reloxos astronómicos como sistema de control da iluminación en horarios nocturnos,cando sexa necesario.

–          Instalación de sistemas de regulación de fluxo luminoso mediante pre-programación da luminaria

–          Redu  ción do consumo da enerxia eléctrica da instalación reformada, en polo menos, un 30 %.

O obxectivo, é conseguir un aforro enerxético estimado dun 61 %.

Comentar noticia

Your email address will not be published.