O Concello de Mos mostrou a sua repulsa contra os tres asasinatos machistas de Valga

Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Galicia,Mos

O Concello de Mos mostrou a sua repulsa contra os tres asasinatos machistas de Valga

O Concello de Mos, convocou hoxe as 12 da máña na praza do concello a todos/as os/as traballadores/as veciñas e veciños a unha  concentración na que se gardou un minuto de silencio en repulsa do triple homicidio por violencia de xénero ocorrido Onte  en Valga, así como procedeuse a lectura dun Manifesto por parte da Alcaldesa , Nidia María Arévalo.

Manifesto

O Concello de Mos, en nome dos seus veciños e veciñas de Mos, desexa manifestar a súa firme repulsa e condena polo terrible asasinato en Valga, no día de onte, de tres mulleres María Elena, Alba e Sandra, a mans do exmarido desta última. Como voceira desta institución, quero expresar tamén a nosa profunda dor, desolación e indignación por este triple asasinato machista , que nos sobrecolleu no día de onte, e desexo trasladarlle o noso sincero pésame e apoio á familia de María Elena , Alba e Sandra e a toda a veciñanza dese concello.

A violencia machista golpéanos unha vez máis a toda a cidadanía galega,da forma máis brutal posible que é coa morte de tres mulleres; un feito que nos leva a indignación neste momento, pero como representantes políticos, temos a obriga de seguir no empeño de loitar contra esta lacra que atenta contra o dereito fundamental que é a vida humana .

O Concello de Mos manifesta TOLERRANCIA CERO ante calquera comportamento machista e de ahí o noso interés prioritario en desenvolver políticas activas de cara a prevención e erradicación da violencia de xénero no noso concello e o fomento da igualdade de cara a conseguir una sociedade na que os comportamentos machistas non teñan cabida e sexan totalmente REXEITADOS POR TODAS AS PERSOAS.

A día de hoxe son 5 mulleres as que tinxen de negro este 2019 en Galicia e dende o ano 2003 que se empezaron a rexistrar estos asasinatos machistas, van 1016 mulleres en España. Desde aquí, desde o Concello de Mos insistimos no noso compromiso de traballar na erradicación desta violencia que non debe ter cabida na nosa sociedade e subscribimos neste manifesto o nosa implicación e traballo constante na defensa dunha sociedade xusta e igualitaria para homes e mulleres. Seguros de que todos os que estamos aquí hoxe, así como todos os veciños de Mos, se suman a este manifesto, pedimos agora gardar un minuto de silencio polas tres mulleres vítimas de violencia de xénero no día de onte en Valga, así c omo por todas e cada unha das que teñen sido asasinadas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.