O Concello de Mos pon en perigo a seguridade viaria da veciñanza mosense mintindo sobre a Deputación de Pontevedra

Publicado por o día 06/12/2020 na sección de Galicia,Mos,Política,PSOE

O Concello de Mos pon en perigo a seguridade viaria da veciñanza mosense mintindo sobre a Deputación de Pontevedra

Dende 2018 o arranxo dos semáforos das estradas provinciais son competencia municipal, dende o consistorio mosense chamaron en varias ocasión a Deputación e se lle transmitiu por carta con acuso de recibo que teñen a competencia deste suministro. Os concelleiros ca alcaldesa a cabeza son coñecedores desta medida e incluso varios concelleiros o recoñeceron nun pleno.

Na pasada fin de semana, o goberno municipal decidiu poñer unha pancarta no semáforo de Guizán baixo a escusa de que a Deputación non arranxa os semáforos destas estradas. Decisión que tomaron a raíz dunha denuncia do PSOE de Mos, feita polo estado de abandono do semáforo de Puxeiros que leva varias semanas roto.

En reiteradas ocasións os socialistas afirman que lle solicitaron o Concello que arranxase os semáforos de ditas estradas e así o fixeron pero nesta ocasión decidiron non arranxalos e colocar unha pancarta que confunda a veciñanza.

A voceira socialista, Victoria Alonso, di non entender este ataque de mentir para manchar a imaxe dunha administración gobernada por outra cor política poñendo en perigo a seguridade viaria da veciñanza mosense. Engade que non van permitir que minta e engane as veciñas e veciños e pedirán explicacións tanto a actual rexedora coma os concelleiros que se encargaron de amparar esta mentira. Finaliza dicindo que o goberno debería arranxar a maior brevidade os semáforos e sacar unha pancarta que o único que serve e para facer o ridículo cunha mentira.

Comentar noticia

Your email address will not be published.