O concello de Mos urxe ao ministerio de fomento unha solucion para unha persoa discapacitada

Unha veciña dispacitada dá parroquia de Tameiga atópase actualmente cun problema de acceso ao seu domicilio.
A pesares de ter dous accesos a súa vivenda, ningún deles lle ofrece total seguridade para poder utilizar a sua cadeira de rodas; dende o acceso dá Rúa Xeneroso Dominguez ten medo a sufrir un percance desagradable debido a pouca poboación existente nesa zoa, e dende o outro acceso ten que usar a cadeira de rodas marcha atrás debido a gran pendente que presenta o terreo, o que lle supón un gran risco.

Por este motivo fai meses que acudiu ao Concello para pedirlle axuda a alcaldesa quen dende ese intre se reuniun en máis dunha ocasión con ela mostrandolle a sua preocupación e o seu apoio.
Dende ese intre acudiu xunto ca aparelladora municipal e o Concelleiro de obras varias veces ao seu domicilio tratando de buscar a solución máis axeitada.
Unha vez comezadas as obras necesarias para un mellor acceso e dar solución o problema, esta veciña foi testemuña de como por parte do Ministerio de Fomento se pararon as obras, según indican por atoparse no entorno de afección dá autovía Vigo – Porriño.

Dende esa data a alcaldesa intenta desbloquear esta situación tanto por escrito como telefónicamente e a resposta que recibe deste ministerio é que hai que esperar a autorización correspondente no seu debido prazo, sen dar opción a unha solución. Por este motivo e vista a urxencia de privarlle a unha veciña dun acceso digno a súa vivenda, o Concello pidelle a Fomento unha resposta inmediata.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM