O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no seu terceiro roteiro guiado deste verán dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural, que terá lugar este venres día 10 dende o Camiño do Monte en Priegue, con saída ás 10:00 horas da mañá. Esta é unha das rutas máis indicadas para coñecer as pegadas da nosa prehistoria. Ademais de varios petroglifos cunha datación entre o 3.000/2.000 A.C. conformados en círculos concéntricos con cazoletas e canles, o sendeiro discorre xunto a mámoa das Requeixadas.
O percorrido é de 8,5 km e a dificultade é media/alta cunha duración aproximada de 3,5 horas e no que gozaremos dunha vexetación constituida por un mosaico de pequenos bosques autóctonos de carballos, masas de especies de produción forestal como piñeiros, campos de labor e monte baixo, leguminosas como xestas e toxos formando a orla forestal. Destaca o bosque Atlántico do merendeiro de Camos ou o Mirador dos Outeiros.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.