O Concello de Nigrán abre o Xoves o prazo de inscrición para unha excursion de maiores e baile o 14 de novembro

O prezo é de 16 € e consta de visita a Moaña, ao Museo Meirande de Redondela e xantar-baile no restaurante Casas
Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán abre o Xoves o prazo de inscrición para unha excursion de maiores e baile o 14 de novembro

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión o 14 de novembro a Moaña, museo Meirande de Redondela e xantar-baile no restaurante Casas tamén en Redondela. O prazo de inscrición abre este xoves 7 de novembro ás 9:00 horas e pecha o venres 8, sendo na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (só se permite anotar a un máximo de 2 persoas por solicitante). O pago da excursión realizarase o mesmo día 14, polo que os inscritos asumen o compromiso de acudir excepto causa de forza maior.

A excursión, con saída ás 10:00 horas en autobús dende a Casa do Concello, inclúe visita guiada ao casco urbano de Moaña e ao Museo das Carreiras, visita ás 12:30 ao museo da batalle de Rande ‘Meirande’ en Redondela e posterior xantar-baile ás 14:00 no restaurante Casas do mesmo municipio. O menú consta de langostinos, vieiras, mexillóns, pescada, codillo, café, postre e bebida. O baile comezará ás 16:00 e a hora aproximada de regreso é ás 19:00.

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar “non só serve para descubrir lugares novos, senón que aporta moitísimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención”.

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, “porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.