O Concello de Nigrán acolle mañá a terceira xornada da liga freestyle cos dez mellores rapeiros nacionais

Chuty, Skone, Arkano, Blon, Walls, Force, Bta, Zasko, Hander e Errecé estarán competindo nun evento que arrancou en Barcelona e pasou por Alicante
Publicado por o día 03/08/2018 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán acolle mañá a terceira xornada da liga freestyle cos dez mellores rapeiros nacionais

Nigrán, 03.08.18- Os mellores rapeiros nacionais, Chuty, Skone, Arkano, Blon, Walls, Force, Bta, Zasko, Hander y Errecé estarán mañá sábado 4 de Agosto  disputando dende as 18:45 horas no torreiro de Priegue (Nigrán) a terceira xornada da Freestyle Master Series 2018/19 , a liga profesional de freestyle e para a que se agardan máis de 1.300 asistentes. A primeira xornada foi  en Barcelona, a segunda en Alicante e agora veñen a Nigrán. Estes dez campións miden as súas habilidades en 9 xornadas que se celebran ao longo deste ano en diferentes cidades de España.

“A organización púxose en contacto co Concello de Nigrán porque necesitaba un espazo urxentemente e nos abrímoselle as portas porque consideramos que é un evento de gran calidade, moi diferente a todo o que tiñamos xa na programación de agosto, e que arrastra a un público moi entusiasta”, indica o alcalde, Juan González.

Ata agora, non existía ningunha liga que englobase todas as competicións de rap como  BDM, Red Bull ou Gold  Battle.  The  Urban  Roosters, xunto coa  Freestyle Rap  Federation ( F. R. F) revolucionou o sector dando forma a un circuíto de campionatos no que existe unha elite profesional e onde todos os demais  freestylers teñan a oportunidade de ascender grazas ao seu traballo e esforzo. Con esta iniciativa preténdese dar un paso máis cara á profesionalización do  freestyle. As competicións de Rap teñen cada vez máis público e enchen salas de concertos e eventos. Os participantes convertéronse en deportistas que demostras as súas habilidades e merecen ser tratados como os protagonistas doutros deportes.