O concello de Nigrán acolle o venres a presentación da novela de suspense de Alicia Borrás ‘LA VOZ ROTA’

Publicado por o día 03/10/2018 na sección de Galicia,Nigrán

O concello de Nigrán acolle o venres a presentación da novela de suspense de Alicia Borrás ‘LA VOZ ROTA’

O venres 5 de outubro (20:00 horas) celebrarase no Concello de Nigrán a presentación da novela “La voz rota”, da escritora galega Alicia Borrás, editada por Editorial Elvira. No acto público estarán presentes o alcalde de Nigrán, Juan González, a autora e o editor Xabier Romero. Alicia Borrás Sanjurjo, nada en Vigo, traballa como actriz de dobraxe, profesora de teatro e escritora. Como escritora, publicou tanto en galego como en castelán. Foi finalista do Premio Lazarillo de creación literaria en 1998 por Versos graciosos, sabrosos y jugosos.

Sinopse da obra: Silvia, unha excelente actriz de dobraxe, é asasinada no terceiro soto do parking próximo ao estudo de Santiago de Compostela onde ela traballa habitualmente. Estrangulárona, e na súa boca aberta sen lingua, aparece unha bóla de papel onde o asasino escribiu: “Take 1” –cada unha das unidades en que se divide o texto dun guión de dobraxe-.

Día: 5 de outubro

Hora: 20:00 horas.

Lugar: Concello de Nigrán (Praza da Constitución, Nigrán).