O Concello de Nigrán acolle uns obradoiros “Ciudad Ciencia” este martes e mércores no Concello

Publicado por o día 13/01/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán acolle uns obradoiros “Ciudad Ciencia” este martes e mércores no Concello

O Centro de Astrobiología (CAB), instituto mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), visita mañá martes e mércores Nigrán para explicar cómo evoluciona ou se adapta a vida en condicións extremas grazas a Ciudad Ciencia, iniciativa á que está adherida o Concello de Nigrán dende 2017. Esta actividade, dirixida a estudiantes e veciños da localidade, visitará o IES Val Miñor pola mañá e, pola tarde, de 19:30 a 20:30 horas, o Salón de Plenos, para público en xeral.

OBRADOIRO ‘BUSCANDO VIDA NO UNIVERSO’

14 DE XANEIRO, 19:30 HORAS, SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE NIGRÁN

O obradoiro pretende dar a coñecer a actividade científica que se realiza nas instalacións do Centro de Astrobiología e nos variados escenarios aos que acoden para facer o seu traballo de campo (río Tinto, Antártida, deserto de Atacama). Os participantes serán protagonistas por uns minutos dos experimentos que conducen ao estudo da orixe da vida. Poderán observar, entre outros fenómenos, como se forman os cráteres de impacto e farán unha extracción de ADN, tal e como se realiza nos laboratorios de bioloxía e química.

CHARLA ‘CIENCIA FRICCIÓN: ALGO CHIRRÍA EN LA PANTALLA’

15 DE XANEIRO, 19:30 HORAS – SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE NIGRÁN

Juan Anxo Vaquerizo, investigador do Centro de Astrobiología, impartirá a charla ‘Ciencia “Fricción”: algo chirría en la pantalla’ co fin de desvelar canto hai de verdade e de ficción no que contan as películas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.