O Concello de Nigrán adquire un piano de cola para poder ofrecer este novo aprendizaxe na actividade de música

O Concello investíu 9.500 euros nun Yamaha de 151 cm que, posteriormente, se incorporará á futura Escola Municipal de Música que o goberno local desexa fundar na actual Biblioteca (unha vez esta se traslade)
Publicado por o día 10/01/2021 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán adquire un piano de cola para poder ofrecer este novo aprendizaxe na actividade de música

O Concello de Nigrán ven de investir 9.500 euros na compra dun piano de cola Yamaha negro pulido de 151 cm (e a correspondente funda acolchada a medida) para poder ofrecer a aprendizaxe deste instrumento na actividade municipal de Música, conformada actualmente por 58 alumnos de guitarra e violín. O obxectivo do Concello é poder ofrecer desde este mesmo curso esta nova posibilidade, polo que abrirá nas vindeiras semanas un periodo de preinscrición co obxectivo de determinar a necesidade horaria en función da demanda.

“Ademais de abrir o abano a unha actividade de Música con máis opcións, será un dos instrumentos en propiedade do Concello que se incorporará á futura Escola Municipal de Música que desexamos fundar na actual Biblioteca unha vez esta se traslade”, explica o alcalde, Juan González, quen engade que o piano permitirá tamén ofrecer moitísimos máis concertos de música clásica sen o custe engadido de ter que alquilar o instrumento e pagar o desprazamento. “É un investimento en cultura do que estamos moi orgullosos, é un salto en calidade, poucas familias se poden permitir ter un piano de cola na súa casa e aquí estará a disposición de toda aquela persoa que desexe formarse”, resume.

O obxectivo próximo do goberno local é dar o paso cara unha Escola Municipal de Música homologada que conte coa súa sede na actual Biblioteca do Ceán (unha vez que esta se traslade a súa nova ubicación en Nigrán). “Cada vez hai máis persoas interesadas en formarse nun instrumento e desde o Concello consideramos que é unha obriga das administracións facilitar o acceso á música, tal e como xa se fai co deporte ou coas bibliotecas, por iso cremos nese proxecto”, explica González, quen incide en que nunha Escola Municipal se pode impartir ensinanza musical reglada e non profesional como xa se fai en outros municipios con gran éxito, “é algo máis que recibir clases, trátase dunha formación integral básica que axuda a desenvolver as capacidades creativas de cada quen e a súa sensibilidade”. Así, cumpren unha valiosa función social, formativa e cultural e teñen un carácter esencialmente práctico desde idades moi temperás, podéndose adaptar ás posibilidades e recursos de cada municipio. “O certo é que estas escolas configúranse como centros formativos e de difusión cultural de gran calado e excelente acollida entre a poboación, así que temos claro que ese é o noso obxectivo”, conclúe.

Comentar noticia

Your email address will not be published.