O Concello de Nigrán agasalla con cestas de nadal ao seu voluntariado do banco de alimentos, roupeiro municipal e de eliminación de velutinas

Estas persoas traballan desinteresadamente durante todo o ano nestes servizos claves na política de ‘Un Nigrán para todos’ e de contención da avispa asiática na localidade
Publicado por o día 17/12/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán agasalla con cestas de nadal ao seu voluntariado do banco de alimentos, roupeiro municipal e de eliminación de velutinas

O alcalde de Nigrán, Juan González, e as ediles de Servizos Sociais e Voluntariado, Bibiana Peixoto e Patricia Diego, xunto ao de Sanidade, Alfonso Vázquez, entregaron esta mañá persoalmente ao grupo de voluntariado do Concello as xa tradicionais cestas de Nadal. O goberno local agradece cada ano deste xeito o esforzo deste grupo que traballa desinteresadamente no Banco Municipal de Alimentos, o Roupeiro Municipal ou, como é o caso de Jesús Barros, exterminando avispas velutinas co concelleiro de Sanidade.

“Grazas a vos é posible que saian adiante cuestións claves para este goberno local que se encadran na vertente social de ‘Un Nigrán para todos’ e tamén na loita pola contención e erradicación da avispa asiática na localidade. Estades ao servizo da veciñanza de xeito totalmente desinteresado durante todo o ano e desde o Concello compre agradecelo tamén públicamente. Grazas pola vosa solidariedade, compromiso e bo facer”, subliñou o alcalde, Juan González.

Comentar noticia

Your email address will not be published.