O Concello de Nigrán amplía ata o venres o prazo para apuntarse como brigadista medioambiental na festa de San Xoan

Os voluntarios realizarán a súa tarefa en quendas durante un máximo de dúas horas e recibirán entradas para o festival Vive Nigrán
Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán amplía ata o venres o prazo para apuntarse como brigadista medioambiental na festa de San Xoan

O Concello de Nigrán amplía ata mañá venres o prazo para apuntarse como brigadista medioambiental para a noite de San Xoan en Panxón-Praia América. Esta iniciativa forma parte da primeira campaña de concienciación medioambiental dirixida ex-profeso á noite de San Xoan e co obxectivo de que non quede lixo na praia nin chegue ao mar. Os brigadistas, que deben ser maiores de 16 anos, recibirán cada un unha entrada gratis para o festival ‘Vive Nigrán’ (os 40 primeiros inscritos) que se celebra os 19 e 20 de xullo no campo de Lourido e desenvolverán a súa labor durante un máximo de dúas horas. Os interesados deben inscribirse a través da Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán, 986365000 ou [email protected] O Concello instalará illas de reciclaxe a pé de praia e pedirá aos voluntarios que creen conciencia durante a noite invitando e colaborando cos asistentes para facer a recollida selectiva in situ.

O Concello de Nigrán, consciente da enorme cantidade de desperdicios que se xeneran esa noite, especialmente vidro e plástico, fai un chamamento á responsabilidade de cada un para que non se contamine a area nin o mar. “Os servizos de limpeza do Concello van deixar a praia completamente limpa ao día seguinte, pero do que se trata é de que os participantes tomen conciencia e asuman o seu papel, non debemos esperar a que ninguén recolla o lixo por nos”, explica o alcalde, Juan González.

Baixo a etiqueta #SanXoanSenLixo o Concello de Nigrán quere viralizar esta campaña de concienciación en redes sociais, conscientes de que é o mellor canal para chegar á mocidade, gran protagonista da festa. Así, futbolistas de primeira división como Kevin Vázquez, Santi Comesaña, o retirado xa Gustavo López, a atleta Desiré Vila ou o surfista Goni Zubizarreta e a artista de Baiona Lula Goce serán algúns dos ‘padriños’ do reto viral, xa que posarán nas súas redes cun cartel que dí ‘O Mar non é un vertedoiro. Súmate ao reto de Nigrán. #SanXoanSenLixo. Fagamos ben a festa’.

O Concello de Nigrán editou tamén cartelería ao respecto no que inciden en 5 premisas básicas: Non deixes lixo. Recicla. Respecta a protección do sistema dunar. Evita facer buratos, teñen impacto negativo no ecosistema. Recorda que as cabichas contaminan. Súmate a esta campaña medioambiental difundíndoa e concienciando aos teus.

“Confiamos en que a xente está cada vez máis comprotedida co medio ambiente e que este inclúe tamén aos océanos, en Nigrán apelamos a esa conciencia medioambiental para que se reduza a cantidade de basura acumulada nesta noite. A festa non ten que estar reñida con estes principios, Praia América é un dos máximos orgullos de Nigrán e é responsabilidade de todos preservamos.