O Concello de Nigrán apraza os concertos de Carlos Núñez esta fin de semana en Monteferro ante a previsión de choivas

Nos vindeiros días será anunciada a nova data. Mantense a validez das entradas paras as novas sesións (solpor e matinal) puidendo quen o desexe solicitar desde xa a devolución dos cartos
Publicado por o día 14/08/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán apraza os concertos de Carlos Núñez esta fin de semana en Monteferro ante a previsión de choivas

 O Concello de Nigrán e a empresa que organiza o concerto de Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro no solpor deste sábado 15 e na mañá do domingo 16 de agosto informan que, debido á previsión de choivas, aprazará os dous concertos a unha nova data que será comunicada nos próximos días.

As entradas manteñen a súa validez para as equivalentes vindeiras sesións, polo que os que xa as adquiriran non teñen que facer nada se desexan acudir na nova data elixida. Aquela persoa que o desexe pode solicitar desde xa a devolución do importe pagado indicando a través de Ataquilla o enderezo de correo electrónico co que se realizou a compra e a referencia das entradas. Igualmente, unha vez se anuncie o día ao que se trasladan os eventos, en caso de haber entradas dispoñibles, estas volverán a poñerse á venda a través de Ataquilla (para a sesión do solpor do día 15 de agosto estaban esgotadas).

Concello e empresa organizadora lamentan as incomodidas que poida xerar este aprazamento.

Comentar noticia

Your email address will not be published.