O concello de Nigrán asesora aos pensionistas que desexen participar no programa de termalismo social do imserso 

Os interesados deben pedir cita previa no departamento de Servizos Sociais no 986365000
Publicado por o día 07/12/2017 na sección de Galicia,Nigrán

O concello de Nigrán asesora aos pensionistas que desexen participar no programa de termalismo social do imserso 

O  departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán atende aos veciños nas solicitudes de participación no programa de termalismo social do Imserso. IMSERSO organiza o Programa de Termalismo Social dirixido a pensionistas da  Seguridade Social, perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos.  Este programa proporciona tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional en  réxime de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 e 12 días de duración.

Os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes:

. Ata o día 2 de xaneiro de 2018  para as quendas dos meses de febreiro a agosto ambos inclusive.

. Ata o día 7 de maio de 2018  para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive.

As  persoas interesadas en participar  neste programa deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, os martes e xoves en horario de 9 a 13 horas. Cita previa  chamando ao teléfono 986.365.000.