O Concello de Nigrán busca eliminar os atropelos nos pasos de peóns instalando unha iluminación específica que mellore a seguridade viaria

Foron adquiridos 9 sistemas de reforzo lumínico por importe de 18.000 € para rúas de todo o municipio

O goberno de Nigrán extremará as medidas para eliminar os atropelos en pasos de peóns do municipio introducindo neles un reforzo lumínico extra por importe de 18.000 € a cargo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. O obxectivo é mellorar a seguridade do camiñante e do conductor en viais de titularidade municipal onde os pasos non están regulados semafóricamente e resultan especialmente perigosos, cuestión que tamén demandaran as diferentes entidades veciñais. Así, estos reforzos serán instalados por operarios municipais nas vindeiras semanas en nove rúas: Arquitecto Palacios con Cidade de Vigo (Panxón); Torrente Ballester, Manuel Lemos e Avenida de Portugal (A Ramallosa); Rosalía de Castro, Val Miñor e José María Pérez Alonso (Nigrán); e San Roque (Camos).

Os conxuntos de reforzo lumínico serán de iguais características aos instalados pola Deputación nos viais provinciais co obxectivo de manter a mesma estética. Así, constarán dunha columna de iluminación led de ata 6 metros de altura que teña integrada unha placa decorativa de aceiro inoxidable brillante co escudo do Concello de Nigrán cortado a láser. A oferta que se contraté deberá incluír todo o preciso para a súa montaxe e posta en funcionamento a cargo dos operarios municipais.

“Ao igual que os lombos, unha correcta iluminación nos pasos de peóns é un punto crave para a seguridade viaria, tanto para o vehículo que circula na calzada como para o peón. Isto é especialmente importante onde non se dispoña de semáforo, pois o peón cruza cando non se achega ningún vehículo.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM