O Concello de Nigrán asume por terceiro ano consecutivo a organización da xa tradicional concentración de “artefactos flotantes” chamada “Flota Como Poidas”, que terá lugar o domingo 12 de agosto ás 17:30 horas ao carón da ponte da Ramallosa, no Río Miñor e esteiro de A Foz. Os interesados teñen ata o día 10 para inscribirse, ben na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán en horario de 9:00 a 14:00 horas ou enchendo o formulario que se facilita na web e no Facebook do Concello e enviándoo a [email protected] O número máximo de artefactos participantes é de 15. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.00 a 16.30 horas. É obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante.
O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela. O Concello premiará o artefacto flotante máis currado e o máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.
O ‘Flota como Poidas’ coincidirá como cada ano coa feira de oportunidades Ovalmi e haberá tamén unha actuación musical en directo ás 20:00 horas.
O obxectivo primordial é achegar aos veciños e visitantes ao mar, promovendo actividades que fomenten a afición pola cultura marítima e que os máis pequenos tomen conciencia da nosa cultura marítima ao tempo que se divirten.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.