O Concello de Nigrán celebra o domingo o seu primeiro ‘MUSHING POPULAR’ con preto dunha decena de modalidades desde espectacular deporte canino

O recinto de Porto do Molle acollerá durante toda a xornada competicións de tiro con cans e exhibicións de pastoreo ou obediencia canina
Publicado por o día 28/09/2019 na sección de Canicross,Deportes,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán celebra o domingo o seu primeiro ‘MUSHING POPULAR’ con preto dunha decena de modalidades desde espectacular deporte canino

O Concello de Nigrán e o clube ZarkoCan celebran durante toda a xornada do domingo 29 en Porto do Molle o ‘I Mushing Popular Concello de Nigrán’, deporte canino espectacular con diferentes disciplinas e que ten a súa oríxe na ancestral forma de transporte nórdica (uso de cans de tiro para arrastrar trineos sobre superficies xeadas ou de neve). Os asistentes a este evento poderán ver durante a mañá e por vez primeira en Galicia un duatlón canino ou probas máis coñecidas como canicross na que participarán o campión nacional Óscar Piñeiro ou o atleta ex-olímpico Alejandro Gómez (tamén entre os tres mellores de España). Igualmente, terán lugar competicións de tiro con can como patín ou bikejoring (con bicicleta) e andaina canina ou cross running. Durante a mañá as probas comezarán ás 9:00 e finalizarán ás 14:00 coa entrega de premios. Xa durante a tarde, celebraranse exhibicións de obediencia canina a cargo do club Zarkocan ás 16:00 e ás 17:00 de pastoreo de ovellas (moi pouco común no sur da Provincia) a cargo do Club Terras do Xesteira (Cuntis).

O emprazamento en Porto do Molle permitirá que o percorrido das probas resulte moi vistoso para os asistentes, que terán un campo visual prácticamente de todo o trazado por onde discorran. “Cremos que é unha oportunidade única para os amantes dos animais e da natureza e os deportes,

tanto para participar como para ter a primeira toma de contacto coas diferentes modalidades de mushing”, explica o alcalde de Nigrán, Juan González. “Mediante o deporte, dende o Club Zarko Can queremos, sobre todo, sensibilizar sobre o que significa ter un can”, explica o seu responsable, Ángel Lira.

Comentar noticia

Your email address will not be published.