O Concello de Nigrán uníuse ao sector libreiro de toda España para festexar este xoves 23 de xullo o Día do Libro, tres meses despois do que lle correspondería despois de que este ano coincidise co confinamento. Así, desde as 12:00 horas da mañá na Alameda de San Campio (A Ramallosa) realizáronse diferentes presentacións de obras de escritores galegos e sinatura das mesmas a
cargo dos autores. Neste evento participan editoriais galegas como Xerais, Galaxia e Edicións do Cumio, que teñen postos de venda ata as 22:00 horas de hoxe.
Así, Elba Pedrosa presentou “O que non sabías”; Francisco Castro, “Tantos anos de silencio”; Manuela Riobó , “El mensajero”; Héitor Picallo, “As letras galegas en caricatura (1963-2020), Fran Fernández “Mover os marcos” e Iago Castro presentou a obra de Isaac Xubín ‘Xenealoxía dun intruso’. As introduccións dos autores correron a cargo do alcalde, Juan González; Henrique Costas, Catedrático da Universidade de Vigo no departamento de Filoloxía galega e latina; Iago Castro, profesor de lingua e literatura galega en secundaria; e a concelleira de Cultura, Nuria Lorenzo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.