O Concello de Nigrán, en colaboración coa Comisión de Festas das Angustias (Nigrán) e do Cristo de Chandebrito, organiza diversas actuacións este domingo que se encadran no programa municipal ‘Música nas Parroquias.
Deste xeito, en Chandebrito, onde as festas se aprazaron por mor do Covid-19 a esta data, celebrarase o sábado 15 unha misa de campaña na honra de San Antonio ás 12:00 e posteriormente serán as tradicionais poxas; xa pola noite, ás 23:00, será a actuación musical de Tito Castro e Hugo Chamizo na fonte do Regueiro. Ao día seguinte, domingo 16, o Concello ofrece o concerto da Banda de Música do Val Miñor (pasarrúas ás 11:00 e concerto despois da Misa Maior do mediodía) e a actuación do Mago Rey Midas ás 21:00 no Bar de Arriba.
Pola súa banda, no torreiro de As Angustias, o Concello colabora na organización da misa no exterior o domingo 16 ás 12:00 e co concerto a continuación da Banda de Música de Vincios.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.