O concello de Nigran continúa co seu programa de turismo social cunha excursión a Pontevedra o 19 de abril

O prazo de inscrición abre este mércores día 11 e finaliza o venres 13 de abril
Por o 09/04/2018 | Sección: Galicia,Nigrán
O concello de Nigran continúa co seu programa de turismo social cunha excursión a Pontevedra o 19 de abril
Compartir en:

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión a Pontevedra o xoves 19 de abril cuxo prazo de inscrición abre este mércores 11de abril e pecha o venres 13 (os interesados deberán inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán).

A excursión, con saída ás 9:00 horas en autobús dende a Casa do Concello, inclúe unha visita guiada de dúas horas polo casco vello de Pontevedra e posterior comida-baile no Restaurante Casas (Redondela). O prezo desta viaxe é de 17 € e inclúe transporte, seguros, guía e xantar. O menú consistirá en langostinos á prancha, vieiras, codillo ou peixe e postre con café. Tralo xantar haberá música en directo para bailar.

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar “non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención”.

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, “porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.