O Concello de Nigrán continúa o mércores en vilariño co programa ‘A igualdade non é un conto’ con ‘As lentes violetas’ de voltereta e volvoreta

Publicado por o día 11/08/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán continúa o mércores en vilariño co programa ‘A igualdade non é un conto’ con ‘As lentes violetas’ de voltereta e volvoreta

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continúa este mércores 12 de agosto ás 20:30 en Vilariño (capela de Padres Franciscanos) o programa “A igualdade non é un conto”, dirixido á infancia e que inclúe varios contacontos, un espectáculo de maxia e outro de monicreques que se desenvolverán ata o día 5 de setembro en diferentes ubicacións.

Nesta ocasión terá lugar o contacontos creado para a ocasión pola parella artística de Nigrán ‘Voltereta e Volvoreta’. O programa, cofinanciado polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de estado contra a violencia de xénero, pretende rachar cos prexuízos e esterotipos de xénero desde idades temperás a través da participación activa das crianzas en actividades lúdicas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.