O Concello de Nigrán convoca o seu primeiro concurso de fotografía medioambiental, adicado ás especies invasoras

Cada participante debe enviar por mensaxe privado ao Facebook do Concello antes de 2 de setembro unha fotografía dalgunha planta que ameace ao ecosistema dunar de Panxón
Publicado por o día 22/08/2018 na sección de Cultura,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán convoca o seu primeiro concurso de fotografía medioambiental, adicado ás especies invasoras

O Concello de Nigrán convoca o seu ‘I Concurso de Fotografía Medioambiental: As invasoras’ co obxectivo de concienciar ao veciño e ao visitante da flora que ameaza o ecosistema dunar de Praia América-Panxón e difundir entre a poboación o seu coñecemento co fin de preservar a biodiversidade local.

Os interesados en participar poden enviar ata o 2 de setembro ao Facebook do Concello de Nigrán (mediante mensaxe privado e onde conste o nome e apelidos do autor) unha única fotografía dalgunha destas especies que se atope nunha zona próxima ás dunas.  Un xurado integrado por persoas do Concello de Nigrán e especialistas na temática do concurso valorarán a calidade técnica e artística da imaxe, a capacidade para comunicar visualmente a existencia desa invasora e a orixinalidade e creatividade da mesma. As imaxes recibidas serán colgadas no perfil público do Concello de Nigrán. O primeiro premio consiste nun curso de surf semanal para dúas persoas e o segundo nunha travesía de Paddle Surf tamén para dúas persoas  e, en ámbolos casos, será ofrecido por Prado Surf. O terceiro clasificado recibirá un trofeo conmemorativo.

As bases están a disposición dos interesados no Facebook do Concello de Nigrán e nas propias dependencias municipais. Nas mesmas recóllense só algúns exemplos de especies invasoras que ameazan as dunas: herba da pampa, cana, margarita africana, uña de gato ou yucca.

O Concello de Nigrán forma parte da Red de Gobiernos Locales por la Biodiversidad da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e, consecuentemente, encadra esta iniciativa de caracter educativo e divulgador na súa firme aposta pola conservación e protección do ecosistema dunar de Praia América-Panxón .