O Concello de Nigrán decreta desde hoxe dous días de loito oficial pola desaparición do patrón do Marsua J. Jorge Emilio Martín Costas

Publicado por o día 25/02/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán decreta desde hoxe dous días de loito oficial pola desaparición do patrón do Marsua J. Jorge Emilio Martín Costas

O Concello de Nigrán, ante as infrutuosas e complicadísimas labores de busca do patrón do Marsua J. Jorge Emilio Martín Costas debido ás pésimas condicións da mar, decreta desde hoxe dous días de loito oficial pola desaparición deste veciño de Panxón e do seu compañeiro de Baiona, Manuel Freire Leyenda, cuxo corpo foi achado onte. As bandeiras do Concello ondearán a media hasta en sinal de dor por esta traxedia e solidariedade con ambas familias e non se celebrará ningún acto oficial.