O Concello de Nigrán e a Coral Novos Aires ofrecen este sábado o XVI Festival de Habaneras e Boleros

Terá lugar no Auditorio Municipal de Nigrán dende as 21:30 coa presencia da coral anfitriona, Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia e o Orfeao de Vila de Praia de Ancora.
Publicado por o día 13/07/2018 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán e a Coral Novos Aires ofrecen este sábado o XVI Festival de Habaneras e Boleros

O Concello de Nigrán e a Coral Novos Aires de Nigrán ofrecen mañá sábado dende as 21:30 horas no Auditorio Municipal o XVI ‘Festival de Habaneras e Boleros’ coa intervención da propia coral organizadora, a Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia e o Orfeao de Vila de Praia de Ancora. Os asistentes poderán gozar de grandes clásicos como ‘Yo no sé cómo quererte’, ‘Si tu me dices ven’, ‘Ilusión de Amor’, ‘La Golondrina’, ‘Amor compartido’… A entrada é de balde ata completar aforo.