O Concello de Nigrán e Aqualia celebran o día mundial da auga cunha visita do CEIP da Cruz á planta potabilizadora

Publicado por o día 22/03/2019 na sección de Galicia,Nigrán

Concello de Nigrán e Aqualia, empresa xestora do Servizo Municipal de Auga de Nigrán, celebraron hoxe o Día Mundial da Auga cunha excursión dos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CEIP Da Cruz (Camos) á Estación de Tratamento de Auga Potable de Nigrán (Priegue). Na visita, á que acudíu o alcalde, Juan González, a propia xefa de Servizo Marián Lago explicou aos nenos dunha maneira práctica, visual e ilustrativa algunhas claves sobre o funcionamento, importancia social e repercusión ambiental do sistema de abastecemento. Así, os nenos puideron comprender de primeira man e paso a paso como chega a auga dende o embalse de Zamáns e o tratamento que recibe ata ser apta para o consumo. A ETAP de Nigrán pode depurar de xeito constante 200 litros/segundo.

“Dende o Concello de Nigrán estamos totalmente satisfeitos co traballo que desenvolve Aqualia no municipio, temos a máxima confianza nesta concesionaria e, precisamente, traballamos xuntos para que a rede de abastecemento chegue no menor espazo posible de tempo a tódalas áreas”, indica González, alcalde de Nigrán.