O Concello de Nigrán e Cineclub Alice Guy ofrencen desde este luns tres sesións de cinema aoaire libre na praza do Concello

O ciclo comezará con ‘O que Arde’ ás 22:30 na Praza do Concello e continuará o vindeiro luns 20 con ‘La Quimera del Oro’ para finalizar o luns 3 con ‘La Playa de los Ahogados’
Publicado por o día 10/07/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán e Cineclub Alice Guy ofrencen desde este luns tres sesións de cinema aoaire libre na praza do Concello

O Concello de Nigrán e o cineclub Val Miñor-Alice Guy trasladan a súa actividade ao exterior e ofrecen os vindeiros tres luns o seu primeiro ciclo de cinema ao aire libre ás 22:30 na Praza do Concello.

As proxeccións comezarán este luns 13 de xullo coa película do galego Oliver Laxe ‘O que arde’, premio do xurado en Cannes (2019) ou mellor fotografía e actriz revelación nos Goya. Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condea por ter provocado un incendio. Regresa a súa casa, unha aldea das montañas lucenses, onde voltará a convivir, ao ritmo sosegado da naturaleza, coa súa nai, Benedicta, a súa cadela e ás súas tres vacas.

O seguinte luns, 20 de xullo, proyectarase a película de Charles Chaplin ‘La Quimera del Oro’ coa gran particularidade de que a banda sonora estará musicada en directo polo guitarrista nigranés Felipe Villar, director do Nigranjazz que, precisamente, arranca nesa semana. este filme está considerado como la comedía más perfecta de Chaplin. En 1925, na súa estrea en Berlín, a ovación do público asistente ao finalizar foi tan grande que volveron a poñela desde o principio.

Para finalizar, o luns 3 de agosto, será o turno de ‘La playa de los ahogados’, longametraxe de Gerardo Herrero baseada no libro do vigués Domingo Villar e que ten moita vinculación con Nigrán ao desenvolverse boa parte da trama (da novela e da película) no municipio.

“Non son tres películas proxectadas ao azar, teñen cadanseu motivo para ofrecelas precisamente desde o Concello de Nigrán. ‘O que arde’ porque desgrazadamente aquí sabemos o que significan os lumes; ‘La Quimera del Oro’ porque sendo unha obra maestra temos a sorte de contar cun guitarrista de Nigrán que a ten musicado varias veces e, finalmente, ‘La Playa de los ahogados’ porque transcorre boa parte en Panxón”, resume o alcalde, Juan González.