O Concello de Nigrán estrea este sábado en Chandebrito o festival ‘Chan de Folk’ con observación das perseidas, gastronomía e o concerto de Xulio Lorenzo

O músico folk e compositor, acompañado de máis dunha ducia de artistas, abrirá a noite cun concerto na carballeira ao lado do campo de fútbol
Por o 08/08/2018 | Sección: Eventos,Galicia,Nigrán
O Concello de Nigrán estrea este sábado en Chandebrito o festival ‘Chan de Folk’ con observación das perseidas, gastronomía e o concerto de Xulio Lorenzo
Compartir en:

O Concello de Nigrán estre este sábado en Chandebrito o festival ‘Chan de Folk’, evento no que se fusiona a xa popular  noite de observación das perseidas na parroquia co concerto folk anterior (21:00 horas) a cargo de Xulio Lorenzo, financiado dende a Deputación a través de Musigal. Esta terceira edición adicada a contemplar as bágoas de San Lourenzo contará con guías da Agrupación Astronómica Coruñesa, que ofrecerán as súas explicacións nun punto da parroquia alonxado de toda contaminación lumínica e con gran bóveda celeste. ‘Chan de Folk’ conta coa colaboración da Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños ‘O Castro’. Os interesados en acudir ao festival, de non coñecer o lugar, deben presentarse ás 20:30 horas no Concello de Nigrán en vehículo propio ou directamente ás 21.00 no campo de fútbol Chandebrito (lugar que funcionará como aparcadoiro e pegado á carballeira onde se celebrará o concerto e posterior saída á observación).  Segundo informa o Observatorio Astronómico Nacional (OAN), este 2018 será un ano “excelente” para poder apreciar este fenómeno porque haberá lúa nova o 11 de agosto.

“A observación das perseidas en Chandebrito ten un grandísimo tirón ano a ano e, dende o goberno, quixemos reforzar a cita uníndoa á música folk en directo. ‘Chan de Folk’ é un evento que nace coa vocación de permanencia e co obxectivo de por en valor esta marabillosa parroquia do interior de Nigrán”, resume o alcalde, Juan González.

O festival, o primeiro do municipio adicado íntegramente ao folk, arrancará coa venda bebidas e choripáns dende as 20:30 horas e o concerto do músico e compositor de Mos Xulio Lorenzo ás 21:00 horas. O artista de Mos estará acompañado do tamén afamado gaiteiro Marcos Campos, o grupo de pandereteiras Arume e o bailarín Chisco de Pereiras. A súa banda a compoñen Roberto Comesaña (acordeonista de Priegue), Carlos Castro á percusión e Diego Bea á guitarra. Xulio Lorenzo toca gaita e flautas.

O Concello de Nigrán iniciou a actividade de observación das perseidas en agosto de 2015, reunindo xa na primeira edición a máis de duascentas persoas. Actualmente está  instaurada como unha das propostas de referencia no calendario de verán, sendo unha proposta máis para dar a coñecer Chandebrito e na que colabora a

As perseidas toman o nome da constelación de Perseo porque debido a un efecto óptico da a sensación de que todas veñan desde ese mesmo punto. Tamén son denominadas “bágoas de San  Lorenzo” pola proximidade ao seu pico máximo o 10 de agosto (festividade do mártir español do mesmo nome). Non son estrelas fugaces, se non meteoros moi brillantes que viaxan a 59 km/segundo, deixando ás veces unha estela ao seu paso. A súa afluencia é de 100/150 á hora e o seu causante é o cometa 109 P/swift-Tuttlem, que se fragmenta cada vez que a terra cruza a súa órbita.