O Concello de Nigrán estrea no festival ‘Chan de Folk’ as primeiras cinco mochilas vibratorias de Galica para que as persoas xordas sintan a música

O Concello adquiriu esta novidosa tecnoloxía dentro do seu programa ‘Un Nigrán para todos’ co obxectivo de que os festivais e espectáculos sexan tamén accesibles ás persoas con discapacidad auditiva
Por o 08/08/2019 | Sección: Galicia,Nigrán
O Concello de Nigrán estrea no festival ‘Chan de Folk’ as primeiras cinco mochilas vibratorias de Galica  para que as persoas xordas sintan a música
Compartir en:

O Concello de Nigrán sitúase á vangarda de toda España nas políticas públicas de accesibilidade sensorial trala adquisición de cinco mochilas vibratorias dirixidas a que persoas con discapacidad auditiva poidan gozar da música, dun espectáculo, cine ou teatro. Esta novidosa tecnoloxía que transforma o son en vibracións estreouse en España nas derradeiras actividades de Nadal do Ayuntamiento de Madrid e agora é Nigrán o segundo municipio do país en adquirilas para uso público e gratuíto, sendo o festival ‘Chan de Folk’ deste sábado (Chandebrito, 21:30 horas) con Roi Casal co espectáculo ‘Son galego, son cubano’ o punto de partida. A adquisición, cun investimento de 10.000 euros, forma parte do programa de goberno municipal ‘Un Nigrán para todos’ co que se traballa para eliminar as barreiras físicas e sensoriais na localidade.

“Dende o Concello de Nigrán estamos a promover e fomentar a cultura que ata agora non era accesible ás persoas xordas; queremos que os nosos festivais sexan inclusivos e esta nova tecnoloxía abre moitos camiños, polo que estamos moi satisfeitos de facer este investimento prioritario para noso xeito de entender a política”, sinalou durante a presentación desta mañá Juan González, alcalde de Nigrán, quen estivo acompañado polo propio Roi Casal e demais ediles. “Dentro duns anos estou seguro que estas mochilas serán unha medida de accesibilidade obrigatoria para os concertos, igual que agora existe unha normativa arquitectónica á hora de deseñar espazos públicos”, sinalou Casal, quen se mostrou “moi orgulloso” de que o seu espectáculo sexa o primeiro de Galicia en ofrecelas. “Estou sorprendido. Funcionan de marabilla, gústame moito a sensación que produce; é moito máis impactante que cando te pegas a un bafle para poder sentir as vibracións”, sinalou Jonathan Vicente, persoa con problemas auditivos recentes e que tocaba o saxo tenor.

As diferentes vibracións que transmiten esta tecnoloxía de orixe francés e creación recente son transformadas grazas aos audios que reciben dende un equipo de son que conta cun transmisor UHF. Ademais, as persoas xordas que teñen próteses auditivas (implante coclear e/o audífono) non só sentirán as vibracións, se non que tamén poderán escoitar con maior nitidez os sons ou a música a través dun lazo inductivo. As mochilas poden ir cargadas á espalda ou no peito e permiten que o usuario se poida desplazar libremente polo recinto ao ser completamente inalámbricas.

PRÉSTAMO

As mochilas adquiridas polo Concello serán estreadas este sábado no Festival Chan de Folk de Chandebrito (na carballeira-merendeiro situado ao lado do campo de fútbol da parroquia, ás 21:30 con Roi Casal e o espectáculo ‘Son galego, son cubano’). As persoas con discapacidade auditiva interesadas en probalas deben solicitar o seu uso enviando un mail.

Comentar noticia

Your email address will not be published.