O Concello de nigrán estrea unha cabina desinfectante cedida para o campus do C.B.NIGRÁN e F-S.PANXÓN no pavillón municipal

A tecnoloxía emprestada pola empresa porriñesa Ramecq permite nun único paso a hixienización completa de persoas e control de temperatura
Publicado por o día 16/08/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de nigrán estrea unha cabina desinfectante cedida para o campus do C.B.NIGRÁN e F-S.PANXÓN no pavillón municipal

O Concello de Nigrán estreou esta semana no Pavillón Municipal durante o campus multideporte do Club Baloncesto Nigrán e Panxón-Nigrán Fútbol Sala unha cabina de desifección cedida para a ocasión pola empresa porriñesa Ramecq, fabricante da mesma.

A cabina, instalada na entrada deste espazo municipal, permite que unha vez que se introduza nela a persoa se nebulice líquido desinfectante (auga ionizada), controle a temperatura e dispense xel hidroalcohólico, ademais de contar con alfombrilla especial para os zapatos. A cabina pode implementarse para a recollida de datos de cara a empresas (hora de máis afluencia de clientes, etc.)

“Estamos moi agradecidos á empresa Ramecq por este préstamo desinteresado que mellora e axiliza o sistema de desinfección co obxectivo de dar a máxima seguridade”, incide o alcalde, Juan González.

Comentar noticia

Your email address will not be published.