O Concello de Nigrán deu luz verde esta onte ás obras de construción da nova Biblioteca Municipal tras firmar os xefes de obra, empresa e alcalde a acta de replanteo e inicio de obra na propia parcela (Estrada pola Vía á altura de rúa do Panasco). Os traballos, adxudicados a Civis Global por importe de 1.280.000 € e subvencionados nun 80% pola Deputación de Pontevedra, comezarán coa retirada do mobiliario urbano e das árbores para poder emprender inmediatamente a escavación e posterior cimentación, coa previsión de que antes de final de ano a estrutura xa esté disposta. Civis Global xa conta en Nigrán con obras singulares en Porto do Molle como o Centro de Iniciativas Empresariais ou a nave de Ecoforest e a senda peonil e ciclista da PO-325.
“En menos dun ano Nigrán contará cunha Biblioteca Municipal de referencia en toda a comarca nun edificio bioclimático adaptado ás necesidades reais dunha poboación de 17.000 habitantes”, sinala o alcalde, Juan González, quen engade que a súa construción foi “un compromiso de
goberno que levou aparellado moitos meses de traballo e estudo para primeiro dar co lugar e proxecto idóneo e despois para obter a financiación precisa”.
Así, tal e como xa se anunciara, o novo edificio ubícase nunha parcela municipal (FR-5) de 443 metros cadrados e de forma trapezoidal no centro do municipio (a beira da Estrada pola Vía, á altura do número 118, fronte a rúa do Panasco) nun lugar fácilmente accesible para a veciñanza tanto en transporte público como privado. O proxecto do estudio Gándara#Pons contempla un edificio de catro andares de planta irregular e cunha superficie total construída de 1.260 m2 (a actual biblioteca do Cean ten 120 m2) e clasificado coa letra A no seu Certificado de Eficiencia Enerxética (máxima categoría). Trátase, por tanto, dun edificio bioclimático que dispón das últimas tecnoloxías en instalacións para acadar esta sostibilidade ambiental. O feito de que se trate dunha parcela con forte desnivel permite que se poidan crear duplicidade de entradas, con accesos tanto dende a planta baixa como dende a primeira, o que favorece unha utilización polivalente das instalacións. Dende o punto de vista urbanístico, a construción xenera unha praza cuberta que se abre á praza existente e que supón unha zona previa á entrada por pranta baixa.
Cun deseño minimalista con fachada de granito silvestre e planta que se adapta á forma trapezoidal da parcela, constará de catro andares sen soto. Na planta baixa (191 m2) disponse dunha sala de usos múltiples vinculada á praza cuberta adxacente, almacén e aseos; na pranta primeira (269 m2) hemeroteca, sala de ordenadores, recepción e zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda (272 m2) zona de préstamo para adultos e na terceira (235m2), zona de estudio que se comunica a dobre altura coa zona de préstamos do nivel inferior.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.