O concello de Nigrán inicia as obras de mellora das rúas Ponte Muiña e Gándara que dan acceso a Porto do Molle e ao IES Val Miñor

O proxecto, de 220.000 euros, deberá estar rematado antes do 15 novembro e inclúe a renovación do firme, iluminación, instalación de pluviais ou mellora da sinalización horizontal e vertical engadindo unha senda peonil
Por o 26/09/2018 | Sección: Galicia,Nigrán
O concello de Nigrán inicia as obras de mellora das rúas Ponte Muiña e Gándara que dan acceso a Porto do Molle e ao IES Val Miñor
Compartir en:

Nigrán, 25/09/18.- O Concello de Nigrán iniciou hoxe as obras de mellora ás rúas Gándara e Ponte Muíña que dan acceso ao parque empresarial Porto do Molle e que supoñen un investimento total de 220.000 € dos que a Xunta subvenciona 120.000 € como parte da “mellora de accesos ao parque empresarial” (os 100.000 € que aporta o Concello son a cargo do convenio de aproveitamento de Porto do Molle asinado en 1999 con Zona Franca). Os traballos, que deberán estar executados antes do 15 de novembro, corren a cargo da empresa adxudicataria Fechi e contemplan a sustitución da capa de rodadura, iluminación (en Gándara non existe), instalación de saneamento e mellora da sinalización horizontal e vertical e creación, ademais, dun cebreado peonil pintado e delimitado lonxitudinalmente.

“Trátase de dúas rúas fundamentais no acceso a Porto do Molle e ao IES Val Miñor e que actualmente se atopan en pésimo estado, cun firme completamente deteriorado, provocando as lóxicas queixas dos seus usuarios, polo que consideramos esta obra prioritaria”, resume o alcalde, Juan González.

A rúa Ponte Muiña é de dobre sentido cun ancho medio de 6,3 metros e unha lonxitude de 700 metros, mentras que a rúa Gándara ten sentido único,

un ancho medio de 7 metros e unha lonxitude de 381,2 metros. Non goza de beirarrúas ou delimitación para peóns, por iso, co obxectivo de reforzar a seguridade dos camiñantes, contémplase a creación dunha senda peonil mediante o pintado dun cebreado lonxitudinal que permitirá dar continuidade ás beirarrúas incompletas do entorno da glorieta que da acceso ao parque en Ponte Muíña. A senda tamén dará continuidade as beirarrúas da rúa Gándara, ao lado do Mercadona.

“Desde o goberno consideramos que a forma natural e básica de desprazarse é camiñando, polo que a renovación dunha estrada non pode contemplar só aos vehículos, en cada proxecto prestamos sempre especial atención á seguridade do peón”, destaca González. “Era un dos compromisos que asumimos cos veciños e foi incluído nos orzamentos”, engade.

A obra inclúe tamén a instalación de saneamento e unha renovación do aglomerado e da sinalización vertical e horizontal, ademais de instalar 33 novos puntos de de luz formados por unha columna de 8,60 metros de altura e con brazo de 1 metro e luminaria LED con regulación automática preprogramada.

Comentar noticia

Your email address will not be published.