O Concello de Nigrán investíu 1.100 € na compra dun canón de ozono portátil que permitirá realizar unha completa desinfección de toda a flota de vehículos municipáis e incluso das súas dependencias, evitando así a posible propagación do Covid-19. O sistema permite esterilizar ambientes en poucos minutos sen empregar ningún produto químico adicional, polo que resulta un eficaz tratamento eco-sostible na loita contra a expansión deste virus.
Esta unidade, dotada de turbina para lanzar o ozono a grandes distancias, elimina todo tipo de xermes e bacterias dun vehículo en menos de 15 minutos (en habitacións o tempo depende dos metros cadrados da superficie).
Ata a actualidade, o ozono xa se usaba en moitos fogares e negocios como sistema de limpeza, o que supoñía un aforro a longo prazo, xa que non é necesario a compra de deterxente, xabóns nin outros produtos de limpeza e resulta especialmente axeitado para toda aquela persoa que padece de hipersensibilidade química.
Noticias de última hora en Vigo