O Concello de Nigrán invirte 14.800€ nun colchón de chan para as ximnastas do ACROCLUB Nigrán

Tamén servirá para o uso da Policía Local e alumnos do Humberto Juanes
Por o 17/04/2019 | Sección: Galicia,Nigrán
O Concello de Nigrán invirte 14.800€ nun colchón de chan para as ximnastas do ACROCLUB Nigrán

O Concello de Nigrán ven de instalar no Ximnasio do CEIP Humberto Juanes un colchón de chan “Flexiroll SPIETH” de 14 x 14 metros por un importe total de 14.768,66 €. Esta aparello, enrolable e homologado para alta competición, é un dos mellores que se poden atopar no mercado e resulta fundamental para que o ACROCLUB Nigrán desenvolva a súa actividade deportiva. Ademais, poderá ser empregado polos alumnos do centro escolar para a súa educación física e servirá para que a Policía Local de Nigrán realice prácticas, polo que se trata dun investimento que beneficiará a gran número de persoas.

O ACROCLUB Nigrán nace en 2016 co obxectivo de achegar aos máis novos a Ximnasia Acrobática dende unha perspectiva lúdica e integradora para todas as idades. Na súa corta vida xa conta cunha magnífica experiencia en
campeonatos territoriais e nacionais, cun 75% das deportistas competindo xa a nivel nacional base, autonómico base e autonómico escolar. O 25% restante participan en actividades extra-escolares onde aprenden as bases da ximnasia
acrobática de forma máis lúdica.

“Dende o concello de Nigrán seguimos apostando polo apoio ao deporte e as nosos deportistas; coa instalación deste colchón de competición permitiremos que as ximnastas do ACROCLUB Nigrán melloren a súa formación deportiva ao tempo que evitamos lesións e malos hábitos neste momento de formación e desenvolvemento dos seus corpos” explica Juan González, alcalde de Nigrán.

Comentar noticia

Your email address will not be published.