O Concello de Nigrán inviste preto de 8.000 € no pintado de 130 farolas fernandinas situadas no seu litoral

Publicado por o día 22/07/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán inviste preto de 8.000 € no pintado de 130 farolas fernandinas situadas no seu litoral

O Concello de Nigrán rematará nos vindeiros días o pintado dun total de 130 farolas fernandinas situadas no seu litoral desde Patos a Praia América, traballo no que inviste preto de 8.000 € a cargo da empresa Idelmor. Debido ao paso do tempo todas elas se atopaban en mal estado de conservación, polo que primeiro foi decapada a pintura e actualmente se está a pintar de negro. Estas
farolas de tipo fernandino atópanse nos paseos de Praia América, Madorra, Tomás Mirambell e Patos (na zona de Panxón son doutro tipo e están ben).

Comentar noticia

Your email address will not be published.