O Concello de Nigrán lamenta a perda de D. Modesto Valverde Soto e declara tres días de loito

Publicado por o día 27/01/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán lamenta a perda de D. Modesto Valverde Soto e declara tres días de loito

Modesto Valverde Soto, alcalde de Nigrán durante dúas lexislaturas entre os anos 1979 e 1987, faleceu este domingo aos 87 anos de idade. O Concello de Nigrán, que declarou tres días de loito oficial, lamenta a súa perda e transmite as súas condolencias a familiares e amigos. Os seus restos mortais sairán este luns, día 28 de xaneiro, ás 16:45 horas desde o Tanatorio do Miñor en Sabarís (Sala nº 4) dirección ao Templo Votivo do Mar de Panxón, onde se oficiarán ás 17:00 horas os funerais de corpo presente. A continuación terá lugar o enterro no cemiterio parroquial.