O concello de Nigrán mantén aberto ata o 31 de decembro o prazo para solicitar o 90% de bonificación na taxa de recollida do lixo

Son beneficiarios os suxeitos cuxa unidade familiar non supere en ingresos o salario mínimo interprofesional e que non sexan propietarios de bens urbanos ou dunha vivienda habitual con valor catastral superior a 66.000 €
Por o 30/10/2018 | Sección: Galicia,Nigrán
O concello de Nigrán mantén aberto ata o 31 de decembro o prazo para solicitar o 90% de bonificación na taxa de recollida do lixo

O Concello de Nigrán mantén aberto ata o 31 de decembro de 2018 o prazo para solicitar unha bonificación do 90% na taxa de recollida do lixo no vindeiro exercicio. Tal e como recolle a ordenanza aprobada en pleno en setembro de 2017 esta medida está dirixida a aquelas familias que non superen no seu conxunto o salario mínimo interprofesional (uns 700 €/mes) e non ser propietario ou usufrutuario de bens urbanos, agás a vivenda habitual (sempre que teña un valor catastral inferior a 66.000 euros) nin ser titulares de actividades comerciais, industriais ou estar suxeitos ao IAE. Os interesados deben solicitar a bonificación por escrito no Rexistro do Concello e terá aplicación para o recibo de 2019.

Esta bonificación ten un carácter rogado, de xeito que os interesados deben solicitala por escrito para cada exercicio (entre o 1 de outubro e 31 de decembro) e, de ser estimada, produce efecto para o ano seguinte.

Comentar noticia

Your email address will not be published.