O Concello de Nigrán ofrece este xoves de 17:00 a 20:00 horas no Auditorio Municipal unha tarde de actividades infantís relacionadas co Samaín. ‘Volvoreta e voltereta’ dirixirán un obradoiro de ‘camisetas terroríficas’ para o cal os nenos de tódalas idades que desexen participar deben traer da casa unha camiseta branca que será pintada con temática de ‘halloween’ empregando rotuladores especiais para textil. Ademáis, anímase aos pequenos a vir disfrazados e a participar no concurso de cabazas traendo unha xa decorada. Haberá premios para as cabazas, camisetas e disfraces máis tenebrosos.
Noticias de última hora en Vigo