O Concello de Nigrán ofrece mañá en Panxón o concerto da banda xuvenil de música de Merza

Publicado por o día 04/07/2018 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece mañá en Panxón o concerto da banda xuvenil de música de Merza

O Concello de Nigrán ofrece mañá xoves 5 de xullo ás 21:00 horas no peirao de Panxón o concerto da banda xuvenil artística de Merza (Concello de Viladecruces). A banda atópase nunha concentración en Nigrán preparando o seu novo repertorio, no que inclúe musicais como Grease, polo que aos concertos se incorpora tamén a voz.

Esta banda xuvenil está composta por 50 nenos de entre 8 e 18 anos e forma parte da Escola de Música da Banda Artística de Merza, que iniciou a súa andaina nos anos 70.  Hoxe en día conta con numerosos galardóns no seu haber e está considerada como unha das mellores agrupacións de Galicia, participando en xiras por toda España e mesmo Venezuela ou Arxentina.