O Concello de Nigrán ofrece mañá un roteiro polo futuro parque forestal de Os Matos, en Camos e Chandebrito

Publicado por o día 06/08/2018 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece mañá un roteiro polo futuro parque forestal de Os Matos, en Camos e Chandebrito

O Concello de Nigrán ofrece mañá ás 18:30 horas a través do Instituto de Estudos Miñoranos un roteiro polo río Táboas, na zona de Camos e Chandebrito que comprenderá o futuro parque forestal ‘Os Matos’.

O punto de encontro será na Igrexa de Camos, onda o cemiterio. A xeira contará con dous intérpretes en lingua de signos. A vaga de lumes do 15 de outubro de 2017 cebouse nesta contorna pola que discorre o roteiro e que será o primeiro parque forestal do Val Miñor, espazo que se extenderá ao longo e ancho de 42 hectáreas na zona común de Os Matos, nas  ribeiras do río Táboas, o que da oríxe ao principal río do Concello, o Muíños.