O Concello de Nigrán ofrece o concerto da ‘A banda da loba’ este venres no auditorio municipal

Publicado por o día 01/05/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece o concerto da ‘A banda da loba’ este venres no auditorio municipal

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación cultural de Maio adicada ás Letras Galegas, ofrece este venres ás 21:00 horas no Auditorio Municipal o concerto de ‘A Banda da Loba’ con entrada de balde ata completar aforo. A banda da Loba está a revolucionar o panorama musical galego co seu primeiro disco “Bailando as rúas”. Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destacan polo seu repertorio propio e por musicalizacións de poetas célebres como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra ou escritoras do momento. Todo isto baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… A banda de Xiana Lastra (voz), Estela Rodríguez (violín), Andrea Porto (guitarra e baixo), Inés Mirás (guitarra e teclado) e Marcela Porto (percusión) resultou gañadora en marzo de 2018 do certame aR [r]itmar de música galega portuguesa.