O Concello de Nigrán ofrece o venres no centro da Ramallosa un concerto de Patricia Moon

A artista presenta ás 22:00 horas o seu terceiro disco ‘Rock and Love’.
Publicado por o día 09/07/2018 na sección de Eventos,Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece o venres no centro da Ramallosa un concerto de Patricia Moon

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece este venres ás 22:00 horas na Ramallosa (Alameda de San Campio) o concerto de Patricia Moon presentando o seu terceiro disco ‘Rock and Love’. A viguesa, recoñecida como unha das artistas máis eclécticas nacidas na comarca, mezcla á perfección música clásica e rock con temas en inglés e, por vez primeira, en castelá. Moon estará   á voz, violín e teclados acompañada dun batería, baixo e guitarra.

Rock &  Love foi gravado en Buenos Aires con  Nelson Pombal e músicos de primeiro nivel internacional como o  baterista Fernando Samalea (Andres Calamaro, Jorge Drexler, Sabina, Charly Garcia,  Cerati, Benjamin Boule e un longo etc…). Patricia ten formación en violín, piano, canto lírico e composición,con estancias en Madrid, Berlín ou Boston para perfeccionar a súa técnica. Grazas a este gran nivel colaborou con artistas e bandas como Ken  Stringfellow, The Posies, Matt Elliott, Los Piratas, Siniestro Total, Eladio y Los Seres Queridos, Fon Román ou O Gran Wyoming e Los Insolventes, ademais de formar parte da banda tributo a Amy Winehouse na xira “ You Know I’ m Non Good Tour” en 2017. A maiores, estivo de xira en Europa, Asia, Latinoamérica e Estados Unidos tanto como solista como formando parte de orquestras ou bandas doutros músicos.