O Concello de Nigrán ofrece un curso gratuíto de ‘reponedor e manexo de traspaleta’ dirixido a parados do municipio

O prazo de inscrición é do 15 ao 24 de abril e ten previsto iniciarse en maio. Inclúe 40 horas de formación teórica e 20 de práctica en distintas cadeas de supermercados
Publicado por o día 13/04/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece un curso gratuíto de ‘reponedor e manexo de traspaleta’ dirixido a parados do municipio

O Concello de Nigrán, ten prevista a realización dun curso de “Curso de persoal repoñedor e manexo de transpaleta”, dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no municipio. O obxectivo é aumentar as posibilidades de empregabilidade. No mesmo, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para mellorar o seu perfil profesional para traballar no sector dos supermercados e grandes superficies.

O Concello sufraga integramente esta acción, o que implica unha moi boa oportunidade para as persoas interesadas neste tipo de formación e emprego, non só pola súa calidade, senón tamén polo importante aforro económico que supón dito financiamento completo.


Esta actividade terá unha duración de 60 horas en modalidade presencial: 40 de carácter teórico e 20 de carácter práctico, a realizar en diferentes establecementos de distintas cadeas de supermercados, e ten previsto o seu inicio o 06 de maio de 2019, ofertándose un total de 20 prazas.

As persoas interesadas en participar, deberán presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal do 15 ao 24 de abril, cubrindo unha instancia e unha enquisa de selección que estará a súa disposición no Servizo de Información,

no Centro Antena Municipal, no Departamento de Desenvolvemento Local de Nigrán e, sempre que seca técnicamente posible, no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica do Concello, achegando A TOTALIDADE da documentación que se indica en dita solicitude. Aquelas persoas que posúan a acreditación dixital correspondente, tamén poderán inscribirse mediante a propia plataforma da Sede Electrónica municipal.

Para ampliar esta información, pódese contactar co Departamento de Desenvolvemento Local, no 986-365000 (extensión 7) e co Centro Antena no teléfono 986–366572 ou formular consultas a través dos correos electrónicos tle.nigran@nigran.org orlaboral@nigran.org e centroantena@nigran.org facendo constar sempre un teléfono de contacto para facilitar a comunicacíón e resposta.

Comentar noticia

Your email address will not be published.