O Concello de Nigrán ofrece un programa de educación ambiental en tódolos centros públicos de infantil e primaria do municipio e o Juan María

‘Aula Verde’ busca a sensibilización medioambiental a través de obradoiros relacionados con temas coma o cambio climático, consumo responsable, reciclaxe, enerxías renovables…
Publicado por o día 09/05/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece un programa de educación ambiental en tódolos centros públicos de infantil e primaria do municipio e o Juan María

O Concello de Nigrán ofrece novamente este curso o programa de educación ambiental ‘Aula Verde’ en tódolos centros públicos de Infantil e Primaria do municipio e o de Educación Especial Juan María cun investimento total de 4.800 €. Este trata diversos temas relacionados coa sensibilización medioambiental (cambio climático; consumo responsable de productos, auga ou enerxía; fomento da eficiencia enerxética…) ben de xeito transversal nas diferentes áreas deseñadas para o programa formativo e, en concreto, nos obradoiros que se levan a cabo nos diferentes colexios ata fin de curso.

“Cremos na educación como a mellor ferramenta para ter un presente e un futuro mellor, queremos que estes nenos sexan uns consumidores responsables e preocupados pola súa contorna, por iso apostamos fortemente por Aula Verde”, sinala o alcalde de Nigrán, Juan González, quen visitou xunto ao edil de Educación, Luis Sanromán, o CPI Arquitecto Palacios (Panxón) para coñecer de preto o obradoiro de ‘Horto Ecolóxico’ que no centro teñen disposto para iso.

O conxunto de obradoiros que se levan a cabo nos centros, dunha duración aproximada de 3 horas, xira en torno ao cambio climático, o consumo responsable e a eficiencia enerxética e, finalmente, o coñecemento do medio natural local. Todo elo se aborda a través da realización de múltiples actividades lúdicas que inclúen dende visitas guiadas á narración de contos, experimentos didácticos, actividades manuais, xogos grupais… Así, colexios como o CEE de Panxón, CEIP Humberto Juanes ou CEE Juan María realizarán saídas enmarcadas nos obradoiros titulados ‘As praias do meu Concello’, ‘A Foz do Miñor’ ou ‘Os bosques do meu Concello’, e outros como o Carlos Casares centraranse nas plantas aromáticas, o CEIP da Cruz no cambio climático e consumo responsable.

Comentar noticia

Your email address will not be published.