O Concello de Nigrán organiza este xoves en Chandebrito unha noite de observación astronómica a cargo da Fundación Ceo, ciencia e cultura

Os interesados deben presentarse ás 21.00 horas no Concello en vehículo propio ou ás 21.30 no torreiro de festas de Chandebrito, dende onde se partirá a pé ás 22.30 ao punto de observación elixido
Publicado por o día 14/08/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán organiza este xoves en Chandebrito unha noite de observación astronómica a cargo da Fundación Ceo, ciencia e cultura

O Concello de Nigrán ofrece esta noite de xoves 15 de agosto na parroquia de Chandebrito unha observación astronómica guiada pola ‘Fundación Ceo, Ciencia e Cultura’ (vinculada ao Observatorio Astronómico de Forcarei) na que, ademais, se agarda contemplar algunha perseida ou bágoa de San Lourenzo. Esta terá lugar ás 22:00 horas a carón do Castro de Chandebrito (no ‘Bosque da Memoria’) por estar afastado de todo tipo de contaminación lumínica e contar con gran bóveda celeste. Un ano máis, colabora a Asociación de Veciños O Castro de Chandebrito e a Comunidade de Montes. Os interesados en participar nesta observación (totalmente gratuíta e que estaba prevista para o sábado pasado pero o mal tempo obrigou a pospor) poden acudir directamente ao ‘Bosque da Memoria’ dende ás 21:30 horas ou, se descoñecen o lugar, presentarse en coche ás 21.00 horas no Concello de Nigrán, dende onde se organizará unha saída conxunta. Dado o lugar da observación, é preciso levar lanterna, calzado cómodo e roupa de abrigo, ademais dunha manta ou toalla para sentarse no chan.

O Concello de Nigrán iniciou esta actividade en agosto de 2015, reunindo xa na primeira edición a máis de duascentas persoas. Actualmente está instaurada como unha das propostas de referencia no calendario de verán dentro do festival ‘ChandeFolk’ que tivo lugar o sábado pasado, sendo unha proposta ideal para dar a coñecer Chandebrito, parroquia do interior de Nigrán con grandes atractivos naturais e que o goberno quere promocionar.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.